A xogadora ferrolá vai cedida, do Ros Casares, polo que fichou esta segunda feira, ao Rivas Futura de Madrid.
O Ciudad Ros Casares Valencia pechou un acordo para ceder ao Rivas Futura de Madrid á aleiro-pivote Tamara Abalde, xusto un día após tela fichado por dúas tempadas.
A galega vai facer unha parte da pretempada co Ros Casares, incluídas as probas médicas, e logo incorporarase ao seu novo equipo, o Rivas, que esta tempada ha xogar na primeira liga feminina do baloncesto estatal e na FIBA Cup.
Abalde segue concentrada coa selección estatal, que na tarde desta terza feira xoga un novo amigábel encamiñado a preparar o preolímpico, que comeza o vindeiro 9 de xuño e no que se darán os billetes para Beixín 2008.