Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Volta á Absoluta despois dos Europeos

Convocan a Tamara Abalde para o preolímpico

A ferrolá ten moitas probabilidades de estar coa selección estatal de baloncesto feminino na fase que outorgará os pases para Beixín 2008.

Redacción - 13:00 06/05/2008
Coa selección estatal

Coa selección estatal

Xa falabamos hai unha semana das posibilidades de que o equipo olímpico galego, que até agora está formado por cinco homes e unha muller (Javier Gómez Noya, Iván Raña, Antón Paz, Fernando Echávarri e Sandra Aguilar, que aínda precisa a visto e prace da Federación Española de Atletismo), medrase nas vindeiras semanas.

Agora sabemos que hai abondas probabilidades de que Tamara Abalde, ferrolá de nacemento, mais formada na canteira do Celta Vigourban, consiga un seu pasaporte olímpico. O seleccionador estatal do baloncesto feminino absoluto, Evaristo Pérez, convocouna para facer parte do combinado que ha xogar as prazas para Beixín 2008 no Preolímpico que se ha desenvolver en Madrid do 9 ao 10 de xuño.

A galega fixo unha moi boa tempada na liga universitaria estadounidense (NCAA), no equipo da Universidade de Lamar, á que marchou o ano pasado despois de destacar no Celta Vigourban. A pesares do nova que é (ten 19 anos) a aleiro galega ten unha carreira moi destacada no baloncesto feminino. Agora ha ter que loitar con outras cinco mozas (Silvia Domínguez, Anna Cruz, María Revuelto e as célticas Alba Torrens e Laura Nicholls), para conseguir unha das catro prazas definitivas no primeiro equipo, onde xa xogan Elisa Aguilar, Nuria Martínez, Laia Palau, Isabel Sánchez, Amaya Valdemoro, Anna Montañana, Lucila Pascua e Cindy Lima.

A loita por unha praza de aleiro
A cousa non parece moi fácil, posto que a posición de aleiro é unha das máis disputadas no equipo feminino, onde xogan figuras clave como Valdemoro, Revuelto e Torrens. Mais tamén lle queda a Abalde a posibilidade de xogar de ala-pivote, onde só coincide con Anna Montañana, unha das mellores xogadoras do Perfumerías Avenida.

A delegación galega

Mais tamén hai outros galegos na selección estatal feminina, como a céltica Susana García, que traballa como segunda adestradora; e Domingo Salinas, o preparador físico, que tamén traballou no Celta Vigourban.


5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: