A delegación viguesa quere que se valore a súa candidatura e para iso organizou un proxecto baseado "na imaxinación e na creatividade" que han presentar o sábado 31, de primeiro.
"Vigo ten imaxinación e creatividade, e por iso queremos sorprender en Bruxelas", subliñou o tenente de alcalde da cidade, Santiago Domínguez, na presentación das diversas iniciativas que se han desenvolver até o 30 de maio, día no que a delegación viguesa da Universiada 2013 viaxará á capital belga para saber se vai acoller ou non as Olimpíadas universitarias.
Compite con Kazan (Rusia) e Kwang Ju (Corea do Sur), mais, segundo Domínguez, o apoio dos habitantes de Vigo o trasfondo verde e de conservación do medio da súa candidatura é moi forte e destaca fronte aos seus rivais.
Entre estas iniciativas está a recollida de 500 pares de zapatillas usadas e o seu traslado a Bruxelas, "como mostra do do apoio da cidadanía á candidatura viguesa e do seu compromiso coa reciclaxe", mais tamén co deporte. Os cidadáns colaboraron achegando as súas zapatillas, que serán colocadas nun expositor que a delegación viguesa terá na sede da FISU en Bruxelas.