Na segunda feira membros da institución española viaxaron a Bruxelas para darlle soporte á solicitude da cidade olívica para acoller as Olimpíadas universitarias en 2013.
Responsábeis do Consello Superior dos Deportes (CSD) viaxaron esta segunda feira até Bruxelas, para visitar a sede da Federación Internacional de Deporte Universitario (FISU), coa idea de amosarlle a este organismo o "apoio institucional" do goberno español á candidatura de Vigo a acoller a Universiada en 2013.
Á capital belga viaxaron o director xeral de Deportes do CSD, Manuel Fonseca, e o subdirector de Promoción Deportiva, Antonio Montalvo, para entrevistarse co presidente e o secretario xeral da FISU, George E. Killiam e Eric Saintrond, respectivamente, e trasladarlles o apoio do Ministerio de Educación e Ciencia e do CSD a Vigo. A viaxe vai reforzada por unha carta escrita polo secretario de Estado para o Deporte, Jaime Lissavetzky.
Contra Corea a Rusia
Despois de ser escollida, após unha loita contra Murcia, Vigo debe pelexar con outras dúas candidaturas, a da cidade de Kwang Ju (Corea) e Kazas (Rusia) e a da cidade de (Corea). As tres han presentar á FISU esta cuarta feira os seus respectivos dossieres.
A decisión final coñecerase a finais de maio, durante a Asemblea da Federación de Deporte Universitario.