Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Compite con Murcia

Apoio unánime á candidatura de Vigo á Universiada 2013

O Parlamento Galego aprobou unha declaración para darlle soporte ás arelas viguesas de ser a cidade que acolla a XXVII Universiada, dentro de cinco anos.

Redacción - 10:53 20/02/2008

O Parlamento de Galiza aprobou por unanimidades esta terza feira unha declaración institucional para apoiar a candidatura de Vigo para acoller a XXVII Universiada, que se vai desenvolver en 2013, e que convoca, cada dous anos, a máis de 10 mil deportistas de 170 países distintos.

O texto, que foi lido pola presidente da Cámara, Dolores Villarino, sinala a importancia de ser Vigo a sede da Universiada 2013, para a cidade e para Galiza, posto que vai supor "un gran proxecto económico, social, deportivo e cultural". No mesmo tamén se sinala que acoller a Universiada implicaría "unha mellora e meirande difusión de hábitos de saúde e lecer entre a poboación e vai proporcionar os valores inherentes ao espírito do deporte para todos".


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: