Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A ruta do lume olímpico segue entre protestas

O primeiro ministro checo tampouco vai ir á inauguración dos Xogos

O conservador Mirek Topolánek súmase ao boicot de outros dirixentes o día que o facho olímpico chega a Paquistán.

Redacción - 18:00 16/04/2008
O primeiro ministro checo, Mirek Topolánek

O primeiro ministro checo, Mirek Topolánek

O primeiro ministro checo, o conservador Mirek Topolánek, súmase ao conxunto de autoridades mundiais que aseguran non van asistir á cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de Beixín: o secretario xeral da ONU, o sur coreano Ban Ki-moon; a chanceler alemá, Angela Merkel; o primeiro ministro británico, Gordon Brown; o primeiro ministro polaco, Jaroslaw KaczyƄski; e o presidente checo, Vaclav Klaus.

O facho olímpico chega esta cuarta feira a Islamabad, ante o temor das autoridades temen de que Al Qaeda ou as milicias islamitas poidan ter artellado algún atentado. A quinta o facho chegará a Nova Deli, onde os exiliados tibetanos teñen organizada unha gran protesta.

En Nova Deli...
Calcúlase que hai á volta de 130 mil refuxiados tibetanos vivindo na India dende que a revolta de 1959 forzou o exilio do Dalai Lama. De feito, o goberno tibetano no exilio ten a súa sede na cidade de Dharmsala, ao pé do Himalaia.

Nesta semana as autoridades indias xa detiveron sete manifestantes contra o paso do facho e pola independencia do Tíbet en Nova Deli, e temen que mañá se poida repetir o caos de Londres ou París.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: