Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Despois das protestas europeas

O COI e China estudan suspender o percorrido do facho olímpico

San Francisco, única cidade estadounidense á que vai chegar o lume, está blindada. Ademais, mudouse o primeiro percorrido previsto.

Redacción - 18:57 08/04/2008
Imaxes da segunda feira, cando uns activistas polos dereitos humanos colgaban faixas do Golden Gate

Imaxes da segunda feira, cando uns activistas polos dereitos humanos colgaban faixas do Golden Gate

Aínda non está claro quen debe tomar a decisión de suspender o percorrido do facho polo mundo, pero a cuestión xa é moi comentada e está nas mans da China ou do Comité Olímpico Internacional.

O COI admitiu a terza feira de mañá que existe a posibilidade de suspender o camiño do lume olímpico (aínda que sería "incorrecto"), pero que a decisión debería tomala o país anfitrión. Polo seu lado China asegurou que non vai ceder a esta presión.

Esta semana está previsto que se reúna o COI para discutir a posibilidade de interromper a viaxe do facho, ao tempo que se valora a idea de que, en futuras edicións, se limite o seu percorrido ao país anfitrión, para evitar futuras protestas. "Creo firmemente que a antorcha debe ir dende a cidade grega de Olimpia até o país anfitrión, e agardo que o Comité Executivo repare nisto", comentou esta terza o jefe da Comisión de prensa do COI, Kevan Gosper, quen tamén definiu aos manifestantes de Londres e París como "saboteadores profesionais cheos de xenreira e odio".

Protestas en San Francisco
A antorcha chegou de mañá a San Francisco, única parada nos EUA, e as protestas non pararon. De feito, xa na segunda feira foron detidos sete activistas en defensa dos dereitos humanos. Tres deles conseguiron rubir 46 metros na ponte Golden Gate para pendurar uns carteis nos que pedían a liberdade para o Tíbet, acompañados de bandeiras da rexión.


Ligazóns

0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: