Primeira Linha organiza a décimo segunda edición destes encontros que anualmente o partido celebra dende 1997.
A formación política Primeira Linha organiza este sábado a partir das 11.00 horas as XII Xornadas Independentistas Galegas, o encontro de debate que dende 1997 o partido organiza anualmente, e que nesta ocasión centrarán a súa análise na situación do socialismo no século XXI.
A xuntanza terá lugar no Hotel Araguaney de Compostela e contará coa presenza de, entre outros, o veterano militante e teórico dominicano Narciso Isa Conde; a militante comunista cubana Elena Martínez Canals, promotora da revista Cuba Siglo XXI; o marxista arxentino Néstor Kohan e o independentista e comunista vasco Iñaki Gil de San Vicente.