Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NUNHA MESA REDONDA ORGANIZADA POR PRIMEIRA LINHA

Beiras di que o BNG vive unha "marcha atrás" no deseño do seu modelo de organización

O que fora líder do BNG, Xosé Manuel Beiras, afirmou este sábado na súa intervención nas xornadas independentistas organizadas por Primeira Linha que o Bloque "vive unha paradoxal marcha atrás" no deseño do seu modelo de organización, malia que foi "un precursos das tendencias actuais de estruturación dos movementos de esquerdas en todo o planeta". Así recolleu Europa Press as declaración previas aos medios que fixo Beiras antes da súa participación na mesa redonda sobre a esquerda no século XXI, na que tamén ía participar o dirixente da esquerda abertzale Joseba Álvarez, pero que final non o puido facer ao ser citado polo xuíz Grande Marlasca para declarar no xuízo polos incidentes da folga xeral da semana pasada no País Vasco. Na web de Primeira Linha poden ampliar información sobre estas X Jornadas Independentistas Galegas, que a organización cualifica de gran éxito ao superar con creces as expectativas de asistencia.

- 16:28 19/03/2006
Tags:


5/5 (1 votos)