O senador demócrata de Illinois gaña as demócratas de Mississippi, grazas ao voto do 91% dos electores negros.
Obama, esta semana en Wyoming
Barack Obama derrotou este martes a Hillary Clinton nas primarias demócratas do Estado de Mississippi, unha das últimas tiradas da carreira pola candidatura presidencial do partido, segundo proxeccións das cadeas estadounidenses de televisión MSNBC, CBS e Fox.
Ademais, a CNN divulgou unha sondaxe a pé de urna. Esta achega que o 91% dos electores negros de Mississippi lle deron o seu voto ao senador de Illinois. Tamén contou co apoio dos máis novos: o 67% dos votantes de 17 a 29 anos apostaron por Obama.
Por outra banda, outra sondaxe a pé de urna da Fox evidencia o crecente deterioro das relacións entre simpatizantes dun e outro bando. Un 55% dos militantes de Obama en Mississippi sinalou que non estarían conformes se Clinton gañase a candidatura do Partido Demócrata, mentres que entre os que apoian a ex primeira dama a cifra é do 72%.
A vindeira cita será o 22 de abril en Pennsylvania, un estado que pon en xogo 158 delegados, polos 33 de Mississipi.