Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións primarias en EUA

Novos caucus para Obama: Barack gaña en Wyoming

Conseguiu o 61% dos votos, fronte ao 38% da senadora demócrata Hillary Clinton.

Redacción - 12:21 09/03/2008

O senador demócrata Barack Obama alzouse coa vitoria nos caucus de Wyoming, tal e como estaba previsto. Obama conseguiu o 61% dos votos, o que lle fai gañador dos caucus desta xornada. Hillary Clinton, pola súa banda, logrou o 38% dos votos nesta cita electoral.

Nos caucus de Wyoming había en xogo 12 delegados, que irán á Convención Demócrata en Denver (Colorado), onde se proclamará ao candidato demócrata que se enfrontará ao candidato republicano, o senador por Arizona, John McCain, nas eleccións de novembro.

Sete dos 12 delegados foron para Obama, e os cinco restantes, para Clinton. Deste xeito, o senador afroamericano conta agora con 1.527 delegados e a ex primeira dama, con 1.428.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: