Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Eleccións primarias en Estados Unidos

Clinton mantén o pulso fronte a Obama con vitorias en Texas e Ohio

A estreita marxe das vitorias non lle outorgarán apoios abondo para distanciarse de Barack Obama, que seguiría liderando o total.

Redacción - 08:00 05/03/2008

Desde o pasado 5 de febreiro, no coñecido como primeiro supermartes, a senadora Hillary Clinton non volvera gañar en ningún dos estados onde o Partido Demócrata celebrara eleccións primarias. Co reconto aínda sen rematar no momento de escribirmos estas liñas, parece confirmado que Clinton conseguiu o triunfo en Ohio, co 55% dos votos fronte ao 43% de Obama, e en Texas, neste caso por só un 51% diante do 47% de Barack Obama.

"Esta é unha vitoria para aqueles que tropezaron e conseguiron levantarse, para aqueles que traballan duro e nunca se renden", expresou a senadora durante a súa primeira intervención da noite. Clinton destacou especialmente o triunfo en Ohio, indicando que é un estado que marca tendencia cara ao final, xa que ningún candidato que non gañase aló chegou posteriormente á presidencia dos EUA.

Os resultados deste martes outórganlle un respiro á senadora, que podería seguir así na carreira, malia que con probabilidade aínda seguirá un chisco por baixo de Obama na suma total de delegados. Así e todo, nos últimos días a prensa estadounidense xa se facía eco dos movementos no interior do Partido Demócrata para forzar a súa renuncia en favor de Obama no caso de que non conseguise vitorias claras, como é o caso.

Recomendámoslles ampliar no especial do New York Times.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: