"Non son candidato a vicepresidente, son candidato a presidente dos Estados Unidos", respondeulle durante un mitin.
Por diante en canto ao número de apoios agora mesmo e despois de gañar as primarias nun novo estado, en Wyoming, o aspirante, do Partido Demócrata, Barack Obama, rexeitou publicamente a suxestión realizada por Hillary Clinton.
A senadora insinuara a idea dunha candidatura conxunta á presidencia dos Estados Unidos, unha candidatura que estaría encabezada por ela mesma e onde Barack Obama sería candidato proposto a vicepresidente.
Ao tempo, medra a preocupación entre os demócratas polo que estaría tardando en resolverse un tirapuxa que xogaría en beneficio do Partido Republicano. Os republicanos xa escolleron candidato, John McCain.
Poden ampliar no http://www.nytimes.com/">New York Times