O IES San Clemente cambiarase a OpenOffice.org. Porén, manterá por un tempo a base de datos MS Access.
Entrada do IES San Clemente
O departamento de Informática do IES San Clemente, en Santiago de Compostela, decidiu pasarse ao software de código aberto. Así, para o vindeiro curso ten prevista a migración completa dende o paquete ofimático Microsoft Office cara ao libre OpenOffice.org, segundo informa na súa páxina web.
Porén, seguirán a manter un programa propietario durante un tempo: a base de dados Microsoft Access. O resto dos programas de oficina da empresa estadounidense deixarán de instalarse nos computadores.