Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral

Por fin un corrector para todo Office

O Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria Celso Currás presentou o primeiro corrector de galego para o Office XP de Windows. O software foi realizado pola empresa santiaguesa Imaxin e por Microsoft e contou coa colaboración da Dirección Xeral de Política Lingüística e do Instituto da Lingua Galega. A súa función: corrixir automaticamente todas as nosas mensaxes de Word, Access, Excel, Power Point… Ata o de agora, o único que existía era o Bemposto, autocorrector para Word editado por Vieiros. Máis información en Canal Galego.org

- 05:00 29/06/2001
Tags:

.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: