Gracias a un convenio da empresa de software Imaxin con Microsoft, a nova versión de Office que ultima a multinacional norteamericana conservará o corrector '2.mil' que hai dous anos se incorporarar ao sistema XP.
Daquel XP con corrector distribuíra a Xunta de Galicia 6.000 unidades en todo o país, especialmente nos ordenadores da administración e da universidade. Non é de estrañar que os propios directivos da empresa, que confesan facer este traballo por lealdade ao idioma máis ca por beneficio, lamenten que sexa aínda moi ampla a porcentaxe de usuarios que descoñece a presencia da ferramenta nas súas computadoras.
A Xunta, que realizou un escaso labor de difusión dunha ferramenta financiada co diñeiro público, tampouco se quixo ver implicada neste segundo paso de actualización. Lembremos que este 2.mil non é un corrector, senón un autocorrector instalable (non se sinala por defecto), e que tamén queda moi lonxe dunha versión completa do Office en galego, como si teñen en catalán, por exemplo, ou en nynorsk.