Os conselleiros de Educación e Presidencia, Celso Currás e Xaime Pita e o director rexional de Microsoft, Antonio Ondiviela, presentaron a actualización en galego para o Office de Microsoft. O kit con dous CDs con información e ferramentas do Office son froito dun convenio de colaboración entre a Xunta e a compañía de Microsoft Ibérica, o pasado 29 de xullo do 2003. Pódese descargar desde aquí un interface dos programas en galego de xeito gratuíto.