O partido amosa a súa cohesión apoiando por unanimidade o relatorio político e a dirección da formación.
Este domingo Íñigo Urkullu, até agora voceiro do EBB do PNV, converteuse no presidente da formación, relevando a Josu Jon Imaz. Urkullu encabezará durante catro anos unha dirección que foi elixida practicamente por unanimidade dos afiliados.
Esta fin de semana desenvólvese a Asemblea Xeral do PNV no Palacio Euskalduna de Bilbao. Na primeira xornada aprobouse por unanimidade o relatorio político que marcará as liñas de acción do partido durante o vindeiro cuatrienio.