"Un partido non pode levar adiante unha modernización necesaria nun contexto de competición polo discurso", di o presidente do PNV, en referencia ao debate interno co sector soberanista.
Josu Jon Imaz, presidente do Euzkadi Buru Batzar, a dirección nacional do PNV, anunciou esta cuarta feira que non se presentará á reelección como presidente do partido mediante unha carta enviada aos medios de comunicación e que abandona a vida política activa para se dedicar á súa vida profesional.
Imaz asegura no primeiro parágrafo da carta, titulada Apostar polo futuro, que cómpre elixir entre "darlles importancia aos proxectos en que cremos ou apostar por vincular eses proxectos a nosa propia participación nos mesmos".
"Un partido non pode levar adiante unha modernización necesaria nun contexto de competición polo discurso", afirma ademais na misiva, en clara referencia ao debate interno que mantiña dende hai tempo co sector máis soberanista do PNV, encabezado por Joseba Egibar, presidente da executiva guipuscoana.
Máis información en Deia, ETB, Gara e El Correo.