Os xornais vascos consideran que o actual voceiro do Euzkadi Buru Batzar é o que conta con máis apoios internos.
Un día despois da drástica decisión de Josu Jon Imaz, comezan xa as especulacións sobre quen será o vindeiro presidente do PNV. Os principais medios de comunicación de Euskadi ven en Íñígo Urkullu o candidato con máis posibilidades. O xornal Deia escribe abertamente que está “chamado a ser o candidato do consenso, o da unidade”. Esta cabeceira, de liña nacionalista, lembra que Urkullu lidera o PNV de Biscaia, onde o partido conta con maior número de militantes. Ademais, contaría co apoio de Navarra, Iparralde e dunha importante parte das bases de Guipuzkoa e Araba.
Segundo esta análise, Urkullu representaría unha “terceira vía” entre os seguidores de Imaz e Egibar. Porén, cómpre lembrar que sempre estivo máis próximo a Imaz, a quen lle propuxo no seu momento liderar a loita pola presidencia do partido.
Mentres o xornal El Correo destaca a “conmoción” que produciu a decisión de Imaz entre a clase politica e empresarial de Euskadi, Gara nun análise critica que o até o de agora presidente do PNV fuxira sempre da confrontación “agás coa esquerda abertzale”