Quercus e Adega unen forzas para denunciar as “ilegalidades” que rodean o proxecto acuícola.
Mebros do colectivo Adega desprazaranse este sábado até a localidade portuguesa de Mira para apoiar ao colectivo ecoloxista Quercus na súa loita contra a planta acuícola de Pescanova. Dende Adega lembran que o proxecto da empresa galega significa a destrución de dous millóns de metros cadrados de Rede Natura.
Os ecoloxistas subliñan que das 200 hectáreas expropiadas Pescanova vai empregar 80, mentres que no resto da área protexida está a ser construído xa un complexo turístico. Poden ampliar esta información no Canal Verde.