Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Acompañado de dous ministros

Pescanova consegue que o primeiro ministro portugués acuda a darlle a beizón á planta de Mira

José Sócrates, padriño esta fin de semana do inicio das obras do polémico proxecto acuícola que se construirá en Rede Natura.

Redacción - 09:30 06/10/2007

A Unión Temporal de Empresas que desenvolverá o proxecto poñerá en marcha a actividade en breve prazo. Entre elas, Monte-Adriano, Somage (filial de Sacyr) ou Pipelife. De xeito simbólico, unha significativa representación do goberno portugués acode este sábado á inauguración das obras. Aló estarán o propio primeiro ministro, José Sócrates, e os ministros de Pesca, Jaime Silva, e Economía e Innovación, Manuel Pinho.

Malia as queixas pola dubidosa legalidade do proxecto, promovido en zona protexida dentro da Rede Natura, o executivo luso apoio estreitamente durante os últimos meses o proxecto. As presas por botar adiante o investimento fixeron que mesmo antes de que as propias autoridades ambientais lusas elaborasen informe ao respecto, o Ministerio de Economía xa lle dese a Pescanova as subvencións requiridas, arredor dun terzo do custo total da factoría que precisará da inxección de arredor de 140 millóns de euros.

A obra proxectouse en dúas fases, unha primeira dunha duración dun ano e a obra completa rematada en 2010, momento para o que Pescanova asegura que en estarían traballando na planta acuícola uns 350 traballadores e se terían xerado máis de 600 postos de traballo indirectos. Os ecoloxistas galegos e portugueses poñen en dúbida estas cifras e láianse ademais de que Pescanova se obstinase en construír a planta nese espazo protexido cando, segundo aseguran, a empresa podía ter optado de lugares incluso máis axeitados e fóra de Rede Natura non moi lonxe do emprazamento escollido.


3/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: