O presidente anuncia que esta e a que abranguerá A Coruña-Ferrol se presentarán antes de finalizar o ano.
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, confirmou este luns que as directrices de ordenación que a Xunta presentará a final de ano, incluirán as áreas metropolitanas con A Coruña e Ferrol, no norte, e con Vigo e Pontevedra no sur.
Deste xeito, Touriño rebate nunha visita institucional á cidade herculina a aposta do alcalde de Vigo, Abel Caballero, que até o de agora mantivera que a futura Área Metropolitana de Vigo se crearía, tal e como anunciou na campaña electoral, con 28 municipios en torno á cidade olívica entre os que non estaría Pontevedra, e cun presidente que sería o alcalde vigués.
No caso da Coruña, a cidade "estenderá a súa capacidade de vertebración" até incluír Ferrol e Carballo, cun espazo para concretar as "grandes infraestruturas" xa que, segundo sinalou, "hai que pensar máis alá dos espazos supramunicipais e sumar as grandes cidades".
En consecuencia, Touriño opinou que o debate non debe ser nominalista, xa que o importante é "pensar máis alá dos concellos e centrarse nas masas críticas que permiten gañar en espazo económico, social e cultural para ser competitivos nun mundo global".