Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Insiste en que se restrinxa á comarca viguesa

Abel Caballero oponse a unha área metropolitana Vigo-Pontevedra

Un día despois de que a Consellaría de Presidencia avanzase o proxecto, o alcalde de Vigo, Abel Caballero asegura ter o compromiso para que a área metropolitana de Vigo siga o modelo estabelecido anteriormente.

Redacción - 12:15 09/08/2007

O rexedor vigués saiu esta quinta feira ao paso da iniciativa presentada o día anterior en Pontevedra, segundo a cal a reformulación do proxecto de área metropolitana de Vigo inclúe o estabelecemento dunha área conxunta Vigo-Pontevedra.

Abel Caballero afirmaba ter falado xa sobre o asunto co conselleiro de Presidencia, Xosé Luís Méndez Romeu, e di contar co compromiso do Goberno para que a área metropolitana acolla unicamente os 28 concellos xa fixados no seu momento no contorno da comarca de Vigo. Caballero indicou ademais que "a ratificación e aprobación" do proxecto se produciría "de xeito inmediato". Caballero opina que a área metropolitana de Vigo tal e como se deseñara con anterioridade responde ao compromiso que o PSdeG defendera durante a última campaña electoral.

Así e todo, na mañá deste mesmo xoves e nos micrófonos da Radio Galega, o conselleiro de Presidencia reiteraba que a vontade da Xunta é estender o proxecto inicial e insinuaba que "Vigo debe ser consciente de que alén da complexidade, o obxectivo debe ser máis ambicioso e corresponderse co momento actual do desenvolvemento económico de Vigo e a súa área de influencia".


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: