Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Con condicións

Os socialistas navarros acordan formar goberno con NaBai e IUN

O comité do PSN acorda apoiar a coalición. Na mañá desta quinta feira haberá unha xuntanza entre as tres forzas.

Redacción - 12:07 05/07/2007
O líder dos socialistas navarros, Fernando Puras

O líder dos socialistas navarros, Fernando Puras

O comité rexional do PSN acordou apoiar a conformación dun goberno de Nafarroa baixo a presidencia de Fernando Puras, co apoio de Na Bai e Izquierda Unida de Navarra.

No entanto, o comité socialista insta a que se constitúa "sobre as bases que se acorden entre as tres formacións, que dende o punto de vista programático deberá respectar plenamente o modelo institucional de Navarra".

Tamén, segundo informou o PSN nun comunicado, "dende o impulso ás políticas sociais e dende un modelo de goberno que garanta a estabilidade e a gobernabilidade da Comunidade Foral", segundo informa EiTB.

Xuntanza entre os tres grupos

O Comité Rexional do Partido Socialista de Navarra, reuniuse esta cuarta feira ás 19:30 horas e aprobou esta resolución política por 104 votos a favor e un en contra. Representantes do PSN, Nafarroa Bai e IUN reuniranse esta quinta feira para tratar de chegar a un acordo.

Agárdase que pola tarde Fernando Puras sexa presentado como candidato a presidente ante Elena Torres, presidenta do parlamento navarro.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: