Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Co 20 % dos votos escrutados

A Fretilin segue a manter a vantaxe sobre os seus rivais

Continúan os recontos de votos nas eleccións de Timor Leste, dándolle 33.527 votos á Fretilin, que vai seguida do Conselho Nacional para a Reconstrução do Timor-Leste, com 22.539 votos.

Redacción - 11:10 02/07/2007
A Fretilin vai liderando os escrutínios

A Fretilin vai liderando os escrutínios

A Frente Revolucionária de Timor-Leste Independente (Fretilin), no goberno até o de agora, segue a liderar co 33,14% dos votos, no reconto nas eleccións lexislativas de Timor Leste, celebradas o pasado sábado.

Só foron escrutados o 20% dos votos, mais a Fretilin vai seguida de preto polo Conselho Nacional para a Reconstrução do Timor-Leste, que leva o 22,28% dos votos, segundo informou na segunda feira a Comisión Electoral Nacional de Timor Leste. No terceiro lugar está a coalición ASDT/PSD, co 16,30%.

Os resultados aínda só correspondem ao escrutínio de 101.162 votos de 12 distritos do país, sen incluír os da capital, Díli.

A UE aplaude o xeito no que se están a desenvolver as eleccións

O observador enviado pola UE, Javier Pomes Ruiz, gabou a tranquilidade e paz da xornada electoral e as xornadas de escrutínios, valorándoas como un "gran paso" para a consolidación da cultura democrática no país.

12 partidos loitan polas 65 cadeiras do Parlamento Unicameral

E de entre todos os candidatos, sairá un primeiro ministro, que formará o novo goberno timorense. Os analistas políticos do país consideran que non vai haber maiorías absolutas, e que probabelmente haxa un novo goberno de coalición.

A Fretilin compite contra Xanana Guasmão

O ex presidente timorense, Xanana Gusmão, do CNRT, é o principal rival da Frente Revolucionária de Timor-Leste Independente, que gañou as últimas eleccións co 57% dos votos válidos.


5/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: