Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segunda volta

Timor Leste escolle presidente

José Ramos Horta, primeiro ministro en funcións, e Francisco Guterres, compiten por suceder no cargo a Xanana Gusmão.

Redacción - 08:00 09/05/2007

Será a primeira vez que os timorenses escollan xefe de Estado, despois de conseguir a total independencia vai para seis anos. Até o de agora, a xefatura en Timor-Leste correspondíalle a Xanana Gusmão, quen fora elixido tamén nas urnas antes de completar o proceso de independencia. Malia o prestixio acumulado entre os cidadáns por quen foi líder clave da resistencia timorense contra a ocupación indonesia, Gusmão renunciou a competir agora na carreira electoral.

O lento crecemento económico e a crise política acontecida hai poucos meses, con violencia nas rúas incluída, abriu un período de inestabilidade que aínda lastra a evolución do país. Os prognósticos falan de elevada participación nestes comicios e prevén que o gañador sexa Ramos Horta, Nobel da Paz, para quen confirmaron apoio varios dos candidatos derrotados na primeira quenda electoral.

Ramos Horta centrou a súa campaña na promesa de promover a recuperación económica de Timor e estimular o investimento estranxeiro. Guterres pola súa parte, salientou a aposta pola estabilidade e a seguridade no país. Malia os prognósticos a favor de Horta, Guterres conta co apoio do partido político gobernante, o Fretilin, saído do que no seu momento foi o grupo armado clave na resistencia fronte a Indonesia, e cunha importante rede de apoios en todo Timor-Leste.


Ligazóns

5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: