José Ramos Horta, actual primeiro ministro, e Francisco Guterres, presidente da Fonte Revolucionaria de Timor Oriental, son favoritos.
O presidente saínte, Xanana Gusmão
Os timorenses deciden a quen lle outorgan a súa confianza para a presidencia do país durante os próximos cinco anos. Dos oito aspirantes, dous saían como claros favoritos, o actual primeiro ministro, Ramos Horta, e doutra banda Francisco Guterres, o líder da formación que ten na actualidade a maioría parlamentaria.
Douscentos observadores internacionais, con representantes da Unión Europea á fronte, participaron no proceso, garantindo a limpeza dos comicios. Máis de 500 mil cidadáns tiñan dereito a voto, e a elevada participación, nun país que gañou a independencia en 2002, fixo que nalgúns colexios electorais non houbese papeletas abondo.
No primeiro treito logo da independencia, á fronte do país estivo o ex líder da guerrilla Xanana Gusmão. Se entre os candidatos a sucedelo como xefe de Estado ningún obtén máis do 50% dos apoios, os dous máis votados irán a unha segunda volta a celebrar dentro dun mes.