Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Segundo Evo Morales

Fidel Castro volverá ao poder o 28 de abril

O dirixente cubano podería retornar o día en que se cumpren tres anos da fundación da Alternativa Bolivariana para as Américas (ALBA), e un da sinatura do Tratado de Comercio dos Pobos.

Redacción - 11:42 19/03/2007
Evo Morales, Fidel Castro e Hugo Chávez / Roy & Danielle (Flickr)

Evo Morales, Fidel Castro e Hugo Chávez / Roy & Danielle (Flickr)

O líder cubano, Fidel Castro, tras a complexa operación intestinal que o mantén en repouso dende hai máis de sete meses, podería retomar as súas funcións de goberno o 28 de abril, segundo anunciou o presidente de Bolivia, Evo Morales.

Nese día, cúmprese un ano da sinatura do Tratado de Comercio dos Pobos (TCP), polos gobernos boliviano, cubano e venezolano en La Habana. Ademais, é o terceiro aniversario da fundación da Alternativa Bolivariana para as Américas (ALBA), impulsada polo presidente de Venezuela, Hugo Chávez en oposición á Area de Libre Comercio das Américas (ALCA), apoiada polos EUA.

"Espero non me equivocar"
"Se decidiu o comandante e presidente Fidel realizar este acto do terceiro ano da ALBA en Cuba, desexo e coido, espero non me equivocar, que seguramente o compañeiro Fidel o día 28 ou 29 de abril vai retornar á presidencia en Cuba para seguir apoiando en temas de saúde e educación a todo o mundo", afirmou Morales durante unha concentración con labregos produtores de papa o pasado sábado.

En outubro pasado, o presidente de Bolivia xa anunciara que "Fidel está a camiñar, de acá a dúas, ou tres semanas vaise facer cargo de novo da condución do seu país", mais errara no seu vaticinio.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: