O presidente de Venezuela, Hugo Chávez, recoñeceu este sábado o delicado estado de saúde polo que está a pasar Fidel Castro. Segundo asegurou Chávez no transcurso dun discurso logo de recibir unha condecoración en Colombia, o mandatario cubano está a librar "unha batalla pola vida" e lembrou que Castro é unha desas persoas que, "como o ‘Che’ Guevara, nunca morrerá. O venezolano recoñeceu que hai uns días falou con Fidel por teléfono e sinalou que "a súa recuperación é lenta porque, como el di, a máquina que cómpre reparar ten 80 anos". Fidel Castro deixou o poder de forma provisional o pasado 31 de xullo por mor dunha grave operación intestinal, da que, segundo os médicos, se recupera lentamente. Desde daquela, a saúde do dirixente é tratada como un secreto de Estado en Cuba.