Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
QUEREN ORGANIZAR ACTUACIÓNS MUSICAIS E VENDER CAMISETAS

As autoridades de Miami estudan ceder un estadio para celebrar a morte de Fidel

A alcaldía de Miami estuda cederlle o estadio Orange Bowl á comunidade cubana na cidade para que celebre unha festa cando morra Fidel Castro. Os concelleiros están a valorar a posibilidade de organizaren actuacións musicais e mesmo de venderen camisetas alusivas ao evento. Pero hai sectores do exilio cubano que non están de acordo coa proposta, pois pensan que a celebración debe ser espontánea e non se debe recluír nun espazo acoutado. Así, prefiren recibir o pasamento do ditador cubano na Rúa Oito da Pequena Habana, pero sempre "de xeito ordenado e sen actos vandálicos".

- 10:39 31/01/2007
Tags:


Ligazóns

0/5 (0 votos)