Farruco Sesto, ministro de Cultura de Venezuela, lanzou xunto ao ministro de Cultura cubano, Abel Prieto, os primeiros nove libros do fondo Cultural da Alternativa Bolivariana para as Américas. Sesto cualificou esta iniciativa como un importante instrumento integrador de América Latina e o Caribe.
"En Venezuela hai que desmontar cousas, sobre todo o que as élites crearon para o seu exclusivo consumo", indicou o ministro Farruco Sesto. Así mesmo estimou que existen convenios normais entre un país e outro, pero con Cuba esta práctica non podía ser tradicional, debía cobrar forza, expansión e precisamente no marco do Alba.
O ministro fixo referencia a que hai dous anos o primeiro mandatario cubano, Fidel Castro e Hugo Chávez asinaron un convenio e este vai tendo unha dimensión grande no caso de ambos países, pero que debe revertirse sobre terceiros, como Bolivia, Nicaragua e Ecuador. Sesto cualificou de abraiante o proxecto que comeza por nove títulos e 30 mil exemplares cada un e mostrou o seu orgullo por participar nese esforzo cultural integrador no medio da XVI Feira Internacional do Libro, que se leva a cabo en Cuba.
Tamén revelou que se dan pasos para crear axencias artísticas nos diferentes xéneros. "Onde estea Venezuela e Cuba non estea, tamén estará a illa e viceversa porque somos unha patria única", afirmou. Abel Prieto, pola súa banda, mencionou que os volumes non se corresponden cunha colección, senón máis ben céntranse na proxección dun pensamento.
Entre os autores que poderán ser lidos cóntanse os escritores o primeiro embaixador da Revolución cubana en Venezuela, Francisco Pividal Padrón (xa falecido), Mark Twain, Roberto Fernández Retamar, Atilio Borón e Ignacio Ramonet, entre outros. Prieto subliñou que o maior obstáculo do proxecto está nas posibilidades de distribución dentro dun mercado dominado polas transnacionais que só pensan na ganancia.
Subliñou que esta literatura do pensamento liberador, alternativo e crítico debe promover convocatorias para a protección dos dereitos do neno e a nena, a ecoloxía planetaria ou os 200 anos das loitas independentistas. Na presentación, novo capítulo da Rede En Defensa da Humanidade, participaron Armando Hart, director da Oficina do Programa Martiano de Cuba, e Hebe de Bonafini, presidenta da Asociación de las Madres de la Plaza de Mayo de Arxentina.