Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: rangun

2/Outubro/2007 /

O enviado especial da ONU reúnese co líder da Xunta Militar de Birmania

O goberno enmarca as protestas contra o réxime nunha estratexia "neocolonialista" de desestabilización.


28/Setembro/2007 /

O exército ocupa os mosteiros budistas de Birmania e corta o acceso a internet

Tropas destinadas no centro e no sueste do país diríxense cara a Rangún, e dúas divisións e varios avións militares están mobilizados.


27/Setembro/2007 /

A Xunta Militar birmana acusa á prensa internacional de "mentireira"

Segundo datos da axencia 'Efe' a represión das manifestacións causou até este xoves seis mortos, un cento de feridos e máis dun milleiro de detidos.


27/Setembro/2007 /

Preto dun milleiro de detidos en Birmania nunha nova ofensiva da Xunta Militar

A forza opositora ao réxime, a Liga Nacional para a Democracia, afirma que unha persoa morreu e outras sete resultaron feridas. China veta na ONU a imposición de sancións.


26/Setembro/2007 /

Reunión urxente na ONU logo da morte de varios monxes en Birmania

Varios relixiosos faleceron a causa das cargas levadas a cabo polas forzas de seguridade contra os manifestantes nas rúas de Rangún.


26/Setembro/2007 /

A policía birmana carga contra os manifestantes en Rangún

Unha decena de monxes foron golpeados e outros 80 foron detidos. O exército montou barricadas en diversos puntos da cidade.


25/Setembro/2007 /

Miles de monxes budistas desafían de novo á Xunta Militar de Birmania

Continúan as protestas nas rúas de Rangún, malia as ameazas das autoridades de actuar para evitalas. Este luns, produciuse a maior manifestación contra o réxime militar en 19 anos.