Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: pradolongo

26/Abril/2010 /

'Pradolongo' triunfa en Portugal fronte ás superproducións

O filme estreouse en Braga sen dobraxe nin subtítulos e seguirá a promocionarse no país veciño loitando co monopolio do cinema estadounidense.


9/Abril/2010 /

'Pradolongo', primeiro filme galego que chega ao circuito portugués de cine comercial

A película de Ignacio Vilar estrearase a vindeira semana en Braga, posteriormente percorrerá outras cidades lusas. A película poderá verse na versión orixinal en lingua galega.


27/Outubro/2009 /

Galego de Valdeorras con subtítulos en friulano

'Pradolongo' abrirá o 25 de novembro a Mostra de Cine de Udin, dedicada ás linguas europeas minorizadas.


1/Abril/2009 /

Pradolongo derrota a 'House'

O filme de Ignacio Vilar foi o programa máis visto en Galiza. Ademais, a 'Galega' obtivo en marzo o seu mellor resultado en cinco anos.


13/Xaneiro/2009 /

Pradolongo, entre os DVD máis vendidos

En El Corte Inglés de Vigo, o filme de Ignacio Vilar é o terceiro máis vendido, a única película europea entre as dez primeiras.


2/Decembro/2008 /

'Pradolongo' convértese no primeiro filme galego en saír en Blu-ray

O novo formato de alta definición inclúe subtítulos en seis idiomas e varios contidos extra.


2/Outubro/2008 /

Despois de 'Pradolongo', 'Vilamor'

A película rodarase en Negueira de Muñiz e nela serán protagonistas as comunas que se instalaron na localidade nos anos setenta.


23/Setembro/2008 /

O día grande de 'Pradolongo' en Donostia

Despois da entrega do galardón, o equipo do filme ofrecerá unha festa no Hotel María Cristina.


21/Agosto/2008 /

Pradolongo participará no Festival de Cine de Donosti

Participará na sección 'Made in Spain', dirixida á crítica internacional e aos compradores que acudan á oficina de vendas do certame.


4/Xuño/2008 /

Corenta mil persoas viron xa 'Pradolongo'

A pasada fin de semana, en Vilagarcía, tivo setecentos espectadores, superando mesmo a Indiana Jones.


20/Marzo/2008 /

'Pradolongo' bate récords de público na Rúa e O Barco

Os dous cines nos que se estreou o filme rexistraron na primeira fin de semana máis de 1600 espectadores, con longas fileiras e xente que ficou fóra, sen entrada.


14/Marzo/2008 /

'Pradolongo': o cinema normalízase

Trátase da primeira longrametraxe rodada integramente en galego dende 2002, e a sexta en toda a historia.


13/Decembro/2007 /

Luis Emilio Batallán volve ao estudio para regravar 'Quen puidera namorala'

O cantante terá o acompañamento da Orquestra Sinfónica de Galicia.


20/Novembro/2007 /

"Despois de anos de axudas públicas, segue sendo arriscado facer un filme en galego"

No outono de 2008 chegará aos cines Pradolongo, longametraxe de Ignacio Vilar rodada integramente en galego. O vindeiro 3 de decembro a Orquestra Sinfónica de Galicia gravará a música para o filme