Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: paquistan

16/Abril/2010 /

A ONU apunta a Musharraf como responsábel do asasinato de Bhutto

O informe de Nacións Unidas advirte que non houbo vontade do deposto goberno Musharraf de protexer a ex primeira ministra e líder da oposición paquistaní.


2/Xaneiro/2010 /

Un atentado suicida deixa 90 mortos nun partido de voleibol en Paquistán

Os feitos aconteceron ao noroeste do país, na fronteira con Afganistán, nunha zona controlada polos milicianos talibán.


12/Outubro/2009 /

Un atentado presuntamente talibán provoca 30 mortos en Paquistán

O ataque, efectuado supostamente por un suicida, produciuse preto do val de Swat. É o segundo deste tipo nos últimos días.


22/Maio/2009 /

Paquistán precisa de 390 millóns de euros en axuda humanitaria para 2 millóns de desprazados

A ONU urxe a poñer cartos para resolver un éxodo que está causado "un incríbel sufrimento" á poboación.


11/Maio/2009 /

Milleiros de persoas foxen do val ocupado polos talibáns en Paquistán

O exército asegura ter matado 200 islamitas nas últimas horas.


8/Maio/2009 /

Paquistán dálle a orde ao seu exército de eliminar os talibáns do Val do Swat

O goberno paquistaní decidiu intensificar a ofensiva, enviando tres divisións á zona de conflito, que dura case dúas semanas.


Disturbios en Paquistán / Imaxe: BBC
16/Marzo/2009 /

Paquistán acorda a volta de xuíces destituídos para acalmar as protestas

Nun xesto clave, o primeiro ministro anunciou que autorizará o regreso do xuíz Iftikhar Chaudhry como presidente do Tribunal Supremo.


27/Decembro/2008 /

Tensión e movemento de tropas na fronteira entre a India e Paquistán

Problemas en aumento desde os ataques en Mumbai, atribuídos polo goberno indio a extremistas con sede na fronteira paquistaní.


2/Decembro/2008 /

India culpa a Google Earth de servir de axuda nos atentados

A policía di que os atacantes empregaron este programa, GPS e móbiles para planificar o masacre.


Un dos milicianos, saíndo da estación de tren onde supostamente atentou
28/Novembro/2008 /

Paquistán compartirá información secreta coa India para probar a súa inocencia

O ministro de Exteriores indio fala dunha "evidencia preliminar" sobre a súa vinculación. Continúan os combates. Cinco reféns morreron no centro xudeu.


7/Novembro/2008 /

Un suposto mísil dos EUA causa 10 mortos en Paquistán

Dende comezos de setembro houbo case 20 ataques de posíbeis avións estadounidenses non tripulados, mais o deste venres é o primeiro logo das eleccións.


29/Outubro/2008 /

Máis de 130 mortos nun sismo en Paquistán

O tremor aconteceu durante a madrugada no suroeste do país, afectándolle especialmente a unha zona de poboados con febles fogares de adobe.


Exército de Paquistán
22/Setembro/2008 /

O Exército paquistaní repele a tiros a intrusión no país de helicópteros estadounidenses

EUA decidiu secretamente en xullo darlle autorización ás súas tropas para cruzar sen permiso a fronteira de Paquistán.


21/Setembro/2008 /

Cando menos 60 mortos nun atentado de Al-Queda en Islamabad

Sucedeu poucas horas despois da primeira comparecencia parlamentaria do novo presidente de Paquistán.


18/Agosto/2008 /

O presidente paquistaní anuncia a súa dimisión

Musharraf adiántase así ao movemento iniciado polos seus rivais políticos para forzar a súa destitución, nove anos despois do golpe co que accedeu ao poder.


23/Xullo/2008 /

Esíxenlle ao novo goberno paquistaní que desvele o paradoiro de centos de desaparecidos

Logo do cambio de goberno en Paquistán, Amnistía Internacional publica un novo informe sobre as desaparicións forzadas durante o goberno de Pervez Musharraf.


2/Marzo/2008 /

Un ataque suicida deixa 32 novas mortes no noroeste de Paquistán

Segundo os líderes tribais da localidade de Zarghon Khel, o suicida irrompeu na reunión e fixo estourar a carga explosiva que portaba.


18/Febreiro/2008 /

Paquistán vota entre as sombras da fraude e a violencia

Os cidadáns elixen os representantes para 242 asentos da Asemblea Nacional e máis de medio milleiro de escanos en catro asembleas provinciais.


16/Febreiro/2008 /

37 mortos nun atentado contra o partido de Bhutto

O número de falecidos causados pola bomba, colocada por un suicida, podería aumentar, e xa hai máis de cen feridos.


10/Xaneiro/2008 /

Un atentado deixa 20 mortos en Paquistán

Máis de vinte persoas puideron falecer, a causa da explosión, que tivo lugar a carón do Tribunal Superior de Lahore, onde estaba convocada unha manifestación de avogados.