Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: marisol-soneira

A socialista Soneira pide desculpas por pedir, "a falta de pena de morte, o desterro" da conselleira Rosa Quintana
21/Abril/2010 /

A socialista Soneira pide desculpas por pedir, "a falta de pena de morte, o desterro" da conselleira Rosa Quintana

Púxose en contacto con ela e escusouse "se non entendeu ben a ironía ou nalgún punto se sentiu ofendida" nas críticas á súa xestión en Mar.


5/Abril/2010 /

PP e PSOE acúsanse de manter obsoleto o servizo de salvamento marítimo

Non se aclaran sobre o reparto de culpas, pero admiten os furados. Na mesa unha petición do BNG para investigar a demora na atención do último afundimento que rematou con mortes.


1/Marzo/2010 /

Soneira censura a "obsesión" do PP por favorecer a Pescanova

A deputada socialista considera que a Xunta pon recursos públicos ao servizo da empresa para forzar o proxecto acuícola de Touriñán.


11/Novembro/2009 /

"Minte, manipula e terxiversa", acusa o PSdeG a Feijoo

A deputada Marisol Soneira retruca que "os únicos éxitos dos que pode presumir Feijoo en materia de acuicultura son dous proxectos postos en marcha polo goberno de Touriño".


16/Agosto/2009 /

O TSXG pon en cuestión os plans acuícolas de Fraga e do bipartito

A Xunta reduce os problemas ao plan do anterior goberno. O PSdeG entende que se "demostran as mentiras do PP". O BNG ve unha oportunidade para "comezar de cero".


9/Marzo/2009 /

Comeza o reconto do CERA que podería modificar un escano en Ourense

A estreita diferencia entre PP e PSOE fai que a circunscrición ourensá sexa a única onde o sufraxio exterior pode modificar un escano, que caería en favor dos socialistas.


4/Decembro/2008 /

Entre sardiñadas, pasaportes e "prácticas mafiosas": voto emigrante sen amañar

Enésimo cruce de acusacións entre as formacións políticas, mentres á porta dos comicios o voto do censo exterior permanece coas sombras de hai catro anos.


Félix Porto e Emilio Pérez Touriño
21/Xullo/2008 /

O alcalde de Muxía, imputado polo caso da suposta axente electoral do PSdeG

Os populares piden que declare o conselleiro Ricardo Varela, a deputada Marisol Soneira e o secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez.


Alberto Núñez Feijoo
22/Maio/2008 /

Feijoo pide a cabeza de altos cargos socialistas polo caso da axente electoral

Trátase dos conselleiros de Traballo e Presidencia, do alcalde de Muxía -que compareceu este xoves- e da deputada Marisol Soneira.


Félix Porto e Emilio Pérez Touriño
20/Maio/2008 /

Un informe desminte a versión de Presidencia e PSdeG sobre a suposta axente electoral

Documentación oficial á que tivo acceso un xornal madrileño proba que a muller non viaxou para coidar da súa irmá.


2/Abril/2008 /

Arquivan a investigación sobre a presunta axente electoral que implicaba á deputada Soneira

O Goberno resolve que "é habitual" neste tipo de axudas a intermediación de deputados, alcaldes, centros galegos e cónsules.


1/Abril/2008 /

O PPdeG cre que a comisión de investigación sobre a axente electoral "nace viciada"

Os 'populares' opuxéronse a que o deputado do PSdeG Xosé Tomé a presida, xa que é "xuíz e parte". O BNG pide que sirva para aclarar "non só este caso".


28/Febreiro/2008 /

Soneira ponlle demanda á axente electoral socialista presuntamente pagada pola Xunta

Desde o PSdeG consideran "unha desmesura" a proposta do PPdeG para crear un órgano investigador "sen pedir aínda nin unha explicación ao Goberno".


5/Febreiro/2008 /

PSOE e PP quítanlle importancia ao voto emigrante malia o aumento do CERA

Un total de 324.388 galegos no exterior poderán votar o 9M, case 20 mil máis que hai catro anos.