Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: manuel-fraga

Adega exixe que non se lle prorroguen tres novas concesións a Ferroatlántica
10/Xuño/2010 /

Adega exixe que non se lle prorroguen tres novas concesións a Ferroatlántica

O Goberno en funcións de Manuel Fraga aprobounas en 2005, mais foi a Consellaría de Industria, xa no período do bipartito, que as autorizou.


O Senado aproba ampliar o uso das linguas co voto en contra do PP e co encabuxamento de Manuel Fraga
28/Abril/2010 /

O Senado aproba ampliar o uso das linguas co voto en contra do PP e co encabuxamento de Manuel Fraga

O ex presidente da Xunta ergueuse do seu escano para responder en castelán a Pérez Bouza, do BNG: "Non lle consinto leccións de nada, moito menos de galeguismo".


7/Marzo/2010 /

Fraga está en contra das touradas

O presidente fundador do Partido Popular asegurou que “a título persoal” estará sempre ao carón dos que “simpatizan co gando que sofre”.


Fraga pídelle a Rajoy unha defensa a ultranza da "unidade de España"
11/Xaneiro/2010 /

Fraga pídelle a Rajoy unha defensa a ultranza da "unidade de España"

O ex presidente do Goberno galego e senador do PP considera que deste xeito mellorará a súa valoración persoal nas enquisas.


20/Outubro/2009 /

Fraga: "Franco prestou grandes servizos, é figura 'señera' da nosa historia"

"O bable non é ningún problema nin para Asturias nin para España", comenta tamén na entrevista concedida ao xornal asturiano La Nueva España.


7/Outubro/2009 /

"Hai unha campaña instrumentada dentro do partido", advirte Fraga

En declaracións aos medios nos corredores do Senado, o ex presidente da Xunta reclamouse "inocente" ao respecto dos fíos da trama na época en que el lideraba o PPdeG.


25/Xuño/2009 /

Fraga dá por segura a dimisión do tesoureiro do PP debido ao caso de corrupción

"Todo se andará", agoira Manuel Fraga ao respecto da situación de Luís Bárcenas, disculpando que o seu partido non tomase aínda medidas.


1/Abril/2009 /

Parte de Paz: O exército sublevado foi derrotado

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica realizou un acto simbólico e pediu a retirada a Fraga da distinción de 'fillo adoptivo' da Coruña.


19/Marzo/2009 /

Política Territorial retruca a campaña de "difamación" do PP

A consellaría subliña que só xestiona "procedementos ordinarios" e contrapón a situación coa do mesmo departamento durante o último goberno Fraga.


O senador Manuel Fraga
20/Febreiro/2009 /

Entra en campaña o senador Manuel Fraga

O ex presidente do Goberno  presenta unha batería de preguntas na cámara alta española polo "abandono" en que Zapatero mantén o noso país.


9/Febreiro/2009 /

"Se Xesús Cristo se equivocou con Xudas, pode enganarse calquera", concédelle Fraga a Feijoo

O presidente fundador do PP, Manuel Fraga, avaliaba así a decisión do candidato popular, Alberto Núñez Feijoo, de apartar a Luís Carrera da candidatura por Ourense por irregularidades fiscais.


13/Xaneiro/2009 /

Na campaña do PP na emigración, Fraga en espírito

Seica tanta pegada deixaron as viaxes do ex presidente da Xunta, que o PP decidiu incluílo nos carteis electorais cara ás eleccións.


15/Decembro/2008 /

Fraga: "Eu non dixen de pendurar a ninguén, só de sopesar"

O senador cre que se fixo unha interpretación "retorcida" das súas palabras.


Fraga, esta quinta feira
11/Decembro/2008 /

Falaba de galegos, cataláns, vascos ou españois?, pregúntanlle a Fraga

A Touriño sóanlle "fortes" as declaracións e o BNG pídelle ao PP que lle retiren a acta de senador. Goberno vasco e partidos cataláns tamén o critican.


11/Decembro/2008 /

Fraga quere "ponderar" o peso político dos nacionalistas "pendurándoos de algures"

O político vilalbés volveu insistir na necesidade de reformar o Senado para poder aplicar o artigo 155 da Constitución, que permite suspender a autonomía.


2/Decembro/2008 /

"Franco era severo, pero nunca foi un criminal, que eu saiba"

O Che era "un criminal" e Franco "non". Así o expuxo despois da visita a un colexio aragonés, onde os rapaces lle entregaron traballos sobre democracia.


Fraga, este venres / Foto: E.P.
17/Outubro/2008 /

Manuel Fraga cualifica de "disparate" a decisión do xuíz Garzón

"Politicamente" é "un erro gravísimo" resucitar problemas do pasado, afirma o ex presidente da Xunta, ao respecto da investigación dos crimes do franquismo.


10/Outubro/2008 /

Rueda di que se "malinterpreta" o estalicón de orellas do PP á dirección galega

A xuntanza de parlamentarios estatais do PP en Galiza e a presión da prensa conservadora española enlean as declaracións cruzadas desde o partido.


18/Agosto/2008 /

Fraga cualifica de "intolerábel" a declaración BIC do Pazo de Meirás

De paso que cargaba contra a Lei de Memoria Histórica, o ex presidente da Xunta definiu de "vergonzosa" a cualificación de ben de interese cultural do Pazo ocupado polos herdeiros de Franco.


23/Abril/2008 /

Fraga entra na lea do PP apostando por Rajoy e Gallardón á fronte do partido

"Debe calar dunha vez", opinou o ex presidente galego da actual presidenta da Comunidade de Madrid.