Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: lic

9/Xaneiro/2010 /

Volta aos métodos franquistas: desfeita ambiental na lagoa de Valdoviño en zona ZEPA e LIC

ADEGA vén de denunciar o grave atentado ecolóxico perpetrado contra da lagoa da Frouxeira en Valdoviño consistente na apertura, sangrado e desecado desta coa autorización e dirección de responsábeis e persoal da Consellería do Medio Rural, afectando gravemente ao humidal protexido e a especies ameazadas.


30/Outubro/2009 /

O CES organiza unha andaina pola costa de Con Negro

O Colectivo Ecoloxista do Salnés organiza o sábado 31 de Outubro, unha andaina por un tramo da costa da península de O Grove, na parroquia de San Vicente. A ruta terá comezo no aparcadoiro de Con Negro, ás 10 da mañá. Terá unha duración de aproximadamente 3 horas e rematará na zona do Carreiro. Esta andaina é de balde e está aberta a todo o público que queira disfrutar das vistas e que veña cun calzado apropiado para camiñar.


13/Outubro/2008 /

O goberno español recoñece que tramita 15 instalacións eléctricas na conca Miño-Sil

Xosé Manuel Pérez Bouza cualifica de "despropósito" que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño non paralice os proxectos con maior impacto ambiental e paisaxístico


4/Xullo/2007 /

Corrubedo mobilízase contra un novo parque acuícola na zona do Corgo

Hai un ano a Xunta recuara na súa decisión de colocar un outro na Punta virxe de Corvos, a dous quilómetros da proxectada agora.


29/Xuño/2007 /

Aprobado o plan orzamentario de Pescanova para a planta de Mira

O investimento presupostado ascende a 135 millóns de euros. O goberno luso poderá achegar até o 40% do total.


2/Abril/2007 /

Corrubedo e Valdoviño: intolerábel desleixo polo patrimonio natural

A Fiscalía especial de urbanismo ven de decretar o arquivo das dilixencias penais abertas pola denuncia de ADEGA de dúas construccións ilegais na Rede Natura: unha urbanización en Valdoviño (LIC Costa Ártabra) e dúas construccións dentro do Parque natural de Corrubedo. Sorprendentemente, e segundo referíu o fiscal, estas construccións contaban con todos os permisos e informes favorábeis de medio ambiente, patrimonio, costas... ¿É así como se preserva o noso patrimonio natural e cultural? Quenes son os responsábeis desta desfeita?


1/Abril/2007 /

Adega presenta alegacións á instalación de dúas piscifactorías en Carnota e Porto do Son

A asociación ecoloxista denuncia que estas instalacións comprometen a viabilidade ecolóxica de espazos senlleiros da Rede Natura galega.