Aprender como os amigos de remexer en computador alleo andan metendo a cibergadoupa en máquina onde ninguén lles mandou é un xeito de concienciarnos para actuar con máis responsabilidade por estes mares da rede. Seguridade explicada de xeito lúdico. Aquí unha achega.
Google retirou mapas e outras informacións para que non as utilizasen ningún dos dous bandos.
Un grupo de hackers alemáns ameaza con publicar as pegadas dactilares de Angela Merkel despois das do Ministro de Interior.
A Igrexa da ciencioloxía está a sufrir desde hai varios días unha nova fronte de ataques na internet por parte de militantes antisectas
O rexistrador galego pide á Xunta que contrate todas as súas webs a firmas do país e explica o roubo de datos de 120.000 persoas a un dos seus competidores
"Venezuela é o único país no que existe un decreto de carácter nacional para o uso prioritario de software libre na Administración Pública", segundo afirmou o enxeñeiro Francisco Palm, durante o seu relatorio Pensando a migración como un Hacker no marco do Simposio de Software Libre para a Soberanía Tecnolóxica. O evento, desenvolveuse no auditorio Simón Bolívar da Academia de Software Libre do Estado Falcón, organizado pola Fundación para o Desenvolvemento da Ciencia e a Tecnoloxía do Estado Falcón (Fundacite) e a Fundación Telecentros Educativos Comunitarios (Fundatec).
Tirando do ideario proposto polo propio conferenciante antes mencionado, velaí cinco razóns para turrar dun outro software posíbel que contribúa a unha sociedade mellor:
1.O mundo está cheo de problemas fascinantes esperando ser resoltos.
2.Ninguén debería ter que resolver un problema xa resolto.
3.O aburrimento é malo e insoportábel.
4.A liberdade é boa.
5.A actitude non substitúe á competencia
Por que non lle vai servir a certa empresa queimar millóns para cargarse o software libre? Baixo esa idea iniciou a súa intervención Javier Bustamante Doas, doutor en Filosofía e Ciencias da Educación pola Universidade Complutense de Madrid. A continuación, un subliñado desafiante: “Cales son as razóns para a supervivencia da colaboración?”. Na súa opinión, a vella economía atribuíalle valor a algo cando ese algo era escaso. Pola contra, neste novo escenario, cando hai xente que colabora e intercambia, increméntase o valor da rede. Compartir é positivo.