A Igrexa da ciencioloxía está a sufrir desde hai varios días unha nova fronte de ataques na internet por parte de militantes antisectas
Distintos sitios na Internet da Igrexa de ciencioloxía están sendo saboteados por "hacktivistas" da rede e por un grupo virtual chamado Anonymous.
Ademais de moitas e numerosas accións na rede, estes militantes chaman, para o domingo 10 de febreiro, a reunións diante das distintas sedes e igrexas da Ciencioloxía contabilizadas no mundo en Londres, Toronto, París ou Los Ángeles.
O comezo do conflito parece ter sido a posta en liña en Youtube, e logo no medio de comunicación dixital neoiorquino Gawker, dunha secuencia de vídeo de uso interno titulada "Scientology versus The Internet part XVII", onde se ve ao actor Tom Cruise facer apoloxía da secta, da cal é un dos membros de máis alto rango, segundo unha biografía non autorizada que se publicou hai pouco.
Os avogados da secta reaccionaron pedindo a retirada instantánea do vídeo. Gawker negouse a retiralo. Un grupo de hackers e hacktivistas publica o 16 de xaneiro un comunicado no que declara unha guerra total e aberta á secta. O nome da operación é "Project Chanology".
Os creadores deste ataque pretenden combater as finanzas e as infraestruturas da Ciencioloxía: "queremos protexer o dereito á liberdade de expresión, un dereito sistematicamente violado pola Igrexa de ciencioloxía na súa vontade de facer calar aos seus adversarios", dicían nunha segunda mensaxe de vídeo que foi difundida polos hackers o 25 de xaneiro.
Nesta guerra informática, aplícanse varios medios. En particular, ataques por "denegación de servizo" desde máquinas pirateadas, e tamén - e é a novidade - desde ordenadores persoais cuxos usuarios teñen descargado un programa informático específico. O obxectivo: inundar os principais sitios web da secta de milleiros de peticións para ralentizar o proceso ou facelo inaccesible.
Ao mesmo tempo, hackers especialistas en intrusión lánzanse na procura de información confidencial nos distintos ordenadores e redes da Cienciología. Copian algúns milleiros documentos, dicionarios e outros informes internos, subíndoos inmediatamente á Internet e póndoos a disposición de todos os usuarios.
O 30 de xaneiro, os sitios web da secta sufriu unha cuarta onda de ataques. Para coordinar o conxunto das manifestacións, creáronse a grupos sobre Facebook.
En resposta a estes ataques, a secta troca de servidores para aloxarse o 20 de xaneiro e 711chan.org, o servidor principal dos hackers é atacado por primeira vez.