O colectivo aproveitou unha conferencia de prensa para cualificar de "farsa" o proceso aberto contra Ugio Caamanho e Giana Rodrigues.
A Fiscalía pide 21 e 19 anos de cárcere para cada un, respectivamente, pola suposta colocación dun artefacto explosivo na sede central de Caixa Galicia en Compostela o 23 de xullo de 2005.
O preso galego viuse acompañado dunhas 20 persoas que viaxaron toda a noite da quinta feira dende Galiza cara Cáceres, onde tivo lugar o xuízo, na mañá da sexta feira.
En febreiro o preso independentista protagonizaba unha tentativa frustrada de fuga do centro penitenciario de Cáceres. O vindeiro 23 de novembro será procesado na cidade estremeña.