En febreiro o preso independentista protagonizaba unha tentativa frustrada de fuga do centro penitenciario de Cáceres. O vindeiro 23 de novembro será procesado na cidade estremeña.
O fiscal pide cinco meses máis de prisión, que se unirían, daquela, aos 21 anos que solicitaba a pasada semana a fiscalía española no outro proceso que Caamaño ten aberto, xunto con Giana Gomes (para que solicitan 19 anos), na Audiencia Nacional, pola suposta participación na colocación e deflagración dun artefacto explosivo na sede central de Caixa Galicia na capital galega en 2005.
Segundo o organismo anti-prepresivo Ceivar, a figura delituosa que se imputa a Ugio Caamaño, para o xuízo que se celebrará en Cáceres o vindeiro 23 de novembro, é o "quebrantamento dunha medida cautelar', como é o réxime de prisión preventiva -sen xuízo- no que se atopa dende 26 de xullo de 2005.
Marcha a Cáceres
Ceivar está a organizar a nivel nacional unha marcha a Cáceres, formada por unha caravana de automóbiles para asistir ao proceso a celebrar contra Ugio Caamanho.
Na web de Ceivar poderanse coñecer, proximamente, todos os detalles da marcha.