Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: eurorrexion

12/Abril/2010 /

De nación a "macrorrexión" con Castela-León e Norte de Portugal

O conselleiro Alfonso Rueda e o seu homólogo castelán trasladaranlle á administración lusa a idea dunha alianza "plurirrexional" para xestionar fondos europeos.


30/Marzo/2010 /

Os fondos europeos en Galiza: un feixe de cartos mal aproveitados

Analizado o treito 2000-2006, un estudo advirte do frouxo aproveitamento real dos cartos chegados da UE.


Seis universidades da Eurorrexión intercambiarán estudantado e docentes
27/Febreiro/2010 /

Seis universidades da Eurorrexión intercambiarán estudantado e docentes

A Fundación CEER traballa nun programa de mobilidade, e no primeiro Torneo Interuniversitario de Remo.


24/Febreiro/2010 /

Un plan de transporte público unirá as dúas beiras do Miño

Estabeleceranse redes de comunicación entre as zonas rurais e os principais núcleos da Eurrexión e crearanse liñas especiais para acudir a feiras ou citas sinaladas.


21/Decembro/2009 /

"Galiza e o norte de Portugal forman un país"

O elixido presidente do Consello Económico Social portugués defende os trazos comúns e aposta polo traballo conxunto fronte á globalización.


Núñez Feijoo: Aulas de portugués "nalgún centro educativo" e "nas escolas de idioma"
21/Outubro/2009 /

Aulas de portugués "nalgún centro educativo" e "nas escolas de idiomas"

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, di que o ensino da lingua portuguesa na Galiza se dará "de haber demanda".


19/Setembro/2009 /

Galiza e Portugal únense para xestionar os seus montes

O obxectivo é crear unha rede de cooperación para a ordenación dos territorios forestais da Eurorrexión.


30/Xullo/2009 /

Tui-Valença: máis lonxe que perto se do transporte público depende

O proxecto Uniminho propón o despregue de liñas de bus entre un conxunto de concellos de Galiza e o Norte de Portugal.


7/Xullo/2009 /

Feijoo comprométese a relanzar a Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal

O presidente da Xunta anunciou que a Comisión de Traballo transfronteiriza funcionará como 'lobby' nas institucións europeas.


21/Maio/2009 /

Bota a andar o Clúster galego-portugués da moda

Vigo acolle este xoves unha xuntanza dos empresarios do téxtil das dúas beiras do Miño, que asentarán a iniciativa que agrupa a máis de cinco mil empresas.


7/Maio/2009 /

Galiza e Portugal, coligados no sector téxtil

Mentres o clúster galego queda aparcado, as empresas da moda poñen en marcha outro clúster galego-portugués, cunha axuda europea de 440 mil euros.


7/Abril/2009 /

Empresarios de Galiza e Norte de Portugal toman a iniciativa da colaboración fronte á crise

Asociacións empresariais portuguesas e colectivos comerciais do Baixo Miño e Val Miñor asinan un proxecto bautizado "Compromiso de Caminha".


6/Marzo/2009 /

O goberno portugués acelerará as obras do TAV Porto-Vigo para crear emprego

Cuns estudos de impacto ambiental moi adiantados, o obxectivo agora é comezar os traballos no primeiro semestre de 2010.


Conferencia de Guimãraes
6/Febreiro/2009 /

A Eurorrexión futura: Á procura dun novo sistema xurídico, financeiro e de xestión

A cooperación transfronteiriza deberá centrarse nas cuestións cotiás que melloren a calidade de vida dos cidadáns: isto é "o que fai Europa".


Gaia, capital do Eixo
19/Xaneiro/2009 /

Vila Nova de Gaia, elixida primeira Capital Cultural do Eixo Atlántico

O concello, que forma parte da Grande Área Metropolitana do Porto, concentrará as actividades nos meses de xuño, xullo e agosto.


15/Xaneiro/2009 /

O Sá Carneiro é o único aeroporto que medra na Eurorrexión

En tempo de crise, e con descoordinación aeroportuaria polo medio, Lavacolla, Peinador e Alvedro perden 350 mil pasaxeiros con respecto ao ano anterior.


12/Xaneiro/2009 /

O presidente da Ordem dos Médicos de Portugal, en contra da asistencia transfronteiriza Verín-Chaves

Pedro Nunes considera que o acordo que demandan os dous concellos prexudica a asistencia na zona lusa.


8/Xaneiro/2009 /

Touriño reunirase co primeiro ministro portugués para falar do AVE

O obxectivo é fortalecer as políticas de cooperación entre Galiza e Portugal e impulsar o proxecto da alta velocidade.


4/Novembro/2008 /

A demanda do naval estimula a fuxida de traballadores do sector en Portugal

Os sindicatos lusos láianse de que a viaxe ao outro lado do Miño de profesionais formados en Portugal podería complicar o desenvolvemento dos estaleiros portugueses.


Paço do Concelho de Gaia, sede da Câmara Municipal
29/Outubro/2008 /

Gaia é candidata a primeira capital cultural de Galiza-Norte de Portugal

A cidade portuguesa anunciou este martes que opta á distinción. Con anterioridade, Vilagarcía xa mostrara o seu interese da beira galega.