Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Galiza-Norte de Portugal

Seis universidades da Eurorrexión intercambiarán estudantado e docentes

A Fundación CEER traballa nun programa de mobilidade, e no primeiro Torneo Interuniversitario de Remo.

Redacción - 09:35 27/02/2010

As seis universidades que integran a Fundación do Centro de Estudos Eurorrexionais Norte de Portugal-Galiza (CEER) van traballar nun programa de mobilidade que permitirá o intercambio entre estudantes e docentes dos seis centros (Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, Minho, Porto, Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela). Segundo explicou o vicerreitor da universidade transmontana, Eduardo Rosa, en declaracións a Expresso, o programa asume "un carácter dinamizador e innovador no ámbito do estudo académico ao nivel de posgrao".

A Fundación tamén ten previsto organizar o primeiro Torneo Interurniversitario de Remo, que terá lugar o 22 de maio nas augas do Miño. Na competición participarán equipos mixtos das seis universidades. Ademais, o marco en que se desenvolverá, entre Tui e Valença, ten a carga simbólica de ser a fronteira entre os dous países. Ese mesmo día, António Cunha, reitor da Universidade do Minho, será elixido novo presidente da CEER.

A Fundación CEER, nada en 2003, é unha institución sen fins lucrativos que ten como "obxectivo primordial atopar sinerxías e complementariedades nos eixos académicos universitarios na Eurorrexión" e reforzar as ligazóns entre as universidades galegas e portuguesas.

Entre as accións previstas, Eduardo Rosa destacou a promoción, dinamización e desenvolvemento da investigación interuniversitaria, a programación de actividades docentes, a creación dunha base de datos bibliográficos e documentais e a colaboración na organización de seminarios, debates, congresos e publicacións científicas. Así mesmo, "no futuro preténdese facer formación de posgrao en cooperación coas varias universidades nun sistema de diplomas conxuntos e duplos diplomas", adiantou Rosa.


5/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: