O vicepresidente da Xunta fixo "valoración positiva" do encontro, malia admitir que o TAV precisa que as obras estean "en execución" en 2012.
Á falta dos datos do venres, día no que se pechaba o prazo, un total de 28.286 persoas pediran en Galiza poder votar por correo.
O PP esixe responsabilidades e Iago Tabarés recoñece que estes feitos séguense con “moita preocupación” no BNG.
Boa parte dos responsables médicos e de enfermería dos centros de saúde de Atención Primaria de A Coruña dimitiron en bloque como medida de presión para frea-la reforma das urxencias extrahospitalarias
A equipa de goberno municipal non presentará o auto de revisión do Pxou, a menos que conte co respaldo dos grupos da oposición e das institucións correspondentes. Este será o tema que Manuel Pérez presentará o vindeiro lúns ó longo da celebración da comisión de seguemento do Pxou.
O porto exterior alterará o ecosistema en Punta Langosteira e no seu entorno, ademáis de empeora-las condicións da auga e do aire, debido á emisión de pó á atmósfera.
O presidente galego, Manuel Fraga, declarou recentemente o seu desexo de que un edificio da nova cidade cultural de Santiago leve o seu nome. E o primeiro que apoia este "detalle" é o propio alcalde socialista, Xosé Sánchez Bugallo.