Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Tag: concellos

28/Maio/2010 /

Grecia e Italia suprimirán concellos e provincias como parte dos seus plans de axuste

A redución dos pequenos concellos gregos deixa nun terzo o total de municipios. O goberno italiano prevé suprimir as nove provincias máis cativas.


25/Maio/2010 /

Os alcaldes rebélanse: 'os fondos non son suficientes'

Mentres o goberno español prohibe os concellos pedir créditos a longo prazo, os dirixentes locais subliñan o desigual reparto dos cartos públicos.


12/Abril/2010 /

Os concellos poderán ofrecer Wi-Fi de balde... se non pasa de 256 K

A comisión non permitía até agora internet pública e gratuíta por considerala competencia desleal aos operadores privados.


3/Marzo/2010 /

A Xunta porfía na supresión do galego na selección de persoal municipal

O Goberno enviou cartas aos alcaldes advertíndolles de que se podería impugnar o proceso selectivo se as probas non atendían á vixente Lei de Función Pública.


Manifestación en Pontevedra contra as touradas / Foto: pontevedraantitouradas.org
4/Xaneiro/2010 /

'Mellor sen touradas', en 19 concellos do país

A plataforma antitaurina 'Galicia, mellor sen touradas' promoverá mocións nunha vintena de municipios para que se manifesten en contra.


22/Novembro/2009 /

O PPdeG reivindica para si 53 alcaldías "arrebatadas" por forzas "perdedoras"

Avoga por que goberne a forza máis votada, despois da moción de Porto do Son. As outras nove producidas dende 2007 beneficiaron os populares.


8/Novembro/2009 /

O Plan E ou a lotería que lles caeu aos concellos

Mentres os alcaldes se felicitan da inxección económica que lles permitiu acometer traballos outrora inasumíbeis, o proxecto deixa en cada municipio un legado en cuestionadas obras.


A promoción do galego, tamén desde os concellos
20/Outubro/2009 /

A promoción do galego, tamén desde os concellos

Representantes de 40 concellos do noroeste do país reúnense en Mariñán no 'III Encontro de política lingüística desde as administracións locais'.


Un cento de concellos cataláns prevén referendos pola independencia o 13 de Nadal
20/Outubro/2009 /

Un cento de concellos cataláns prevén referendos pola independencia o 13 de Nadal

Esta quinta feira reúnense en Arenys de Munt representantes de distintas entidades soberanistas para coordinar as consultas a nivel nacional.


2/Outubro/2009 /

As webs municipais suspenden en accesibilidade

Tres de cada catro non acadan o aprobado, mentres que só o 16% dos portais analizados teñen unha accesibilidade superior ao 0,6.


24/Setembro/2009 /

Feijoo dará cinco mil euros a 200 pequenos municipios para afrontar gastos correntes

A Xunta pretende axudarlles a "recuperar o seu equilibrio financeiro e presupostario" cunha partida dun millón de euros.


8/Setembro/2009 /

A falta de ingresos dos concellos pon na corda frouxa centos de empregos temporais

Os consistorios temen que a reducción lles obrigue a prescindir de traballadores eventuais vinculados a subvencións chegadas doutras administracións.


23/Agosto/2009 /

O PPdeG cre que as eleccións do pasado 1 de marzo produciron unha fenda nos pactos entre socialistas e nacionalistas

Os conservadores prognostican até 2011 unha "espiral de rupturas" nos bipartitos locais.


17/Agosto/2009 /

Volta ao reparto dos cartos "en función da cor política" dos concellos

O deputado nacionalista Henrique Viéitez advirte de "resultados escandalosos" na distribución de recursos da Xunta destinados a cooperación cos municipios.


Antía García e Jonathan Da Silva, das Xuventudes Socialistas de Ourense
29/Xullo/2009 /

Por que non se publican todas as facturas dos concellos e deputacións?

Actualmente a lei permite que os contratos por obras de menos de 50 mil euros e os de menos de 18 mil no resto se adxudiquen directamente.


24/Xullo/2009 /

Os concellos poderán levar parte dos ingresos do comercio electrónico

Unha sentenza do Tribunal Supremo outórgalles aos gobernos locais a posibilidade de aplicarlles unha taxa a todos os negocios que usen infraestruturas de telecomunicacións.


6/Xullo/2009 /

Anxo Lorenzo anuncia a creación dunha rede de dinamización lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística dixo que o novo organismo coordinará os programas de promoción do idioma postos en marcha polos concellos.


1/Xullo/2009 /

A CMT comeza a abrir a man coas WiFis locais de balde

O organismo que regula as telecomunicacións no Estado Español estuda autorizar a prestación do servizo por entidades públicas en áreas descartadas pola iniciativa privada.


17/Xuño/2009 /

Seis cidades do país pídenlle á Academia que dedique as Letras de 2010 a Carvalho Calero

As concellarías de Cultura da Coruña, Ferrol, Compostela, Pontevedra, Vigo e Ourense demandan que sexa homenaxeado no 20 aniversario do seu pasamento.


12/Xuño/2009 /

Os alcaldes "alármanse" ante a reducción dun 10% nas axudas aos concellos

A Federación Galega de Municipios e Provincias critica as medidas tomadas polo Executivo, dentro do Plan de Cooperación, e denuncia os atrasos nos pagamentos.