A Liga Nacional de Billarda convida todos os palanadores do país a demostrar a súa destreza no Aberto da Confederación Sur e no Aberto Cidade de Lugo.
A tribo billardeira anda revolta esta fin de semana. Todo está preparado para que os palanadores do país demostren a súa habilidade nun abril de frenética actividade billardeira que dende o venres se trasladará até Marín e o domingo a Lugo. Será coa disputa do Aberto de Marín, da Confederación Sur, e do Aberto do Levantamento 1846, título que este ano leva o Aberto de Billarda Cidade de Lugo, que reunirá aos palanadores do NorLeste.
Non hai erro posíbel, a Liga Nacional de Billarda (LNB) xa adianta na súa web as indicacións ao detalle, para que ningún desorientado competidor erre o camiño e se traslade a un concello diferente aos de Marín ou Lugo. Tal lle aconteceu a a Manu da Faísca, un dos co que con máis entusiasmo se agarda, logo do seu espectacular periplo narrado no corto "Salceda-Marín" que xa se pode ver en Tele-Varal (ver vídeo). Manu, confundido sen dúbida pola súa ansia de demostrar a súa destreza con palán e billarda, presentouse a xogar en Salvaterra cando o aberto da LNB se celebraba en Salceda, erro que, ben é sabido, ninguén está libre de cometer.
Para que ninguén teña que sufrir igual confusión, velaquí as saídas e as chegadas para toda a tribo LNB:
Vídeo: Historia do palanador que chegou ata Salvaterra para xogar o aberto de Salceda (Tele-Varal)
Vídeo: Maghua O Corunho Power invade O Alalá coas camisolas de Vieiros