Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
LOBELLE 2-EL POZO 3

O Lobelle, subcampión da Copa

El Pozo Murcia impúxose na prórroga dun encontro que non estivo exento de polémica, logo de que non subise ao marcador un gol da equipa de Compostela.

Redacción - 10:30 15/02/2010

Non puido ser. O Lobelle de Santiago volveu quedar ás portas dun título esta fin de semana na final da Copa de España de Fútbol Sala. El Pozo Murcia saíu triunfante de Compostela ante un Lobelle moi batallador e que en ningún momento deu por perdido un tenso partido que xogou ante a súa afección.

A primeira metade foi dominada polos murcianos, que foron ao descanso con vantaxe grazas a un gol de Vinicius (0-1). Mais, na reanudación, o Lobelle plantou cara aos campións da Supercopa e presentou un xogo moito máis agresivo que pronto daría resultados.

Nesta segunda parte, os galegos empataron cun gol de David logo dunha excepcional xogada de Alemao. Mais Wilde e Kike volveron poñer aos murcianos por diante cunha espectacular xogada que teceron Wilde e Kike. Pola, logo dun punteirazo, volveu igualar de novo e deu paso á polémica. Alemao disparou á porta cun potente tiro que foi parado polo porteiro, Juanjo, en dous tempos, o segundo logo de atravesar a liña de gol. Con todo, os árbitros non o deron por bo e chegouse ao tempo da prórroga. Aquí, Mauricio anotou o 2-3 definitivo que deu o título a El Pozo.

Os seis mil espectadores que abarrotaban o coliseo compostelán presenciaron novamente como o equipo acariñaba un título que, lamentabelmente, escapou das mans a última hora. Con todo, o Lobelle volveu demostrar que está na elite do fútbol sala mundial.


Ligazóns

5/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: