O equipo de Tomás de Dios rematou o encontro cun 7-4, despois dunha primeira parte dominada polo Azkar Lugo.
O Lobelle celebra a vitoria / Xacobeo Lobelle
O Xacobeo Lobelle de fútbol sala levou a súa terceira Copa Xunta, a segunda consecutiva fronte ao Azkar Lugo. O conxunto adestrado por Tomás de Dios conseguiu unha contundente vitoria por sete goles a catro, despois duns primeiros minutos dominados polo equipo lucense.
O Xacobeo comezou o partido atacando, o que lle valeu o primeiro gol de David xa nos primeiros minutos. A estrea do marcador do Azkar chegou deseguido por parte de Luís, que marcou en propia porta. O Azkar mantivo a dianteira durante os seguintes minutos, con goles de Matamoros e de Mimi, que deixou o marcador en 1-3. Posteriormente, o Lobelle foi remontando até acadar o 7-4 final.