O equipo pontevedrés impúxose este domingo por un gol de diferenza (25-26) ao Octavio de Vigo, nunha final moi igualada.
O Teucro proclamouse este domingo campión da Copa Xunta 2009 logo de gañar na final por 25 goles a 26 ao Octavio nunha final moi igualada. Ambos os dous equipos, o primeiro de Pontevedra e o segundo de Vigo manteñen unha rivalidade histórica.
O partido, disputado no Pavillón Municipal da Guarda, estivo dominado polos segundos durante o primeiro tempo aínda con vantaxes que non superaron nunca os dous tantos de diferenza. As tornas mudaron na continuación, o Teucro cobrou vantaxe e chegou coas ideas máis claras ao final.
Resultados cada cinco minutos: 1-1, 2-2, 4-2, 8-7, 12-10, 12-13, 17-14, 18-18, 21-21, 24-24, 25-26.